Onte na rede social Twitter levouse a cabo unha iniciativa para conmemorar o primeiro discurso en galego realizado nun mitin político (en Betanzos) por Manuel Lugrís, disto fai 103 anos, o 6 de outubro de 1907. Iso entre outras cousas.
A través do proxecto "A galega para 145 millóns de usuarios" realizado por GalegoLab, intentouse a divulgación a través dos usuarios de Twitter mediante o hashtag #galega entre as 16.00 e 17.00 (como non e como bos galegos houbo quen twittweou fóra da hora). O que se pretendía tamén era que os de Twitter se fixaran en nos os galegos para poder ter a opción de cambia-la interfaz a lingua galega (tal e como fan as redes sociais Facebook ou Tuenti, ou Google a través do seu buscador, nas suás preferenzas de procura ).
Rematado a iniciativa, podemos chegar as seguintes conclusións:
1.- Éxito parcial ou total, segundo como se mire.
O hashtag #galega situouse na súa franxa horaria no trending topic nº1, o mesmo ocorreu 3 horas despois, e incluso chegou a acadar por unhas horas a segunda posición na taboa dos TT (trendings topics) das derradeiras 24 horas.
Parabéns a todolos que axudaron no proxecto.
2.- Faltaron o apoio mediante twitteos dos grandes medios de comunicación galegos (La Voz de Galicia, El Correo Gallego, etc, da Xunta e de personaxes galegos con certa relevancia (afincados ou non fora de Galiza)
Neste aspecto si que contribueu xente como Certo, Xornal de Galicia (tamén a sección de deportes), Periodistas 21, Galicia con Voz, Caixa Galicia, BNG de Santa Comba, Cabanas, Xinzo e Santiago, Carlos Callón, 2.0 Editora, Cabozo, e como non, GalegoLab.
Podedes visualizar quen Twitteou #galega aquí (require ter conta en Twitter).